Acceso á Secretaría Xeral do Benestar
Texto do Anteproxecto de Lei
Inicio
Contacto
Mapa Web
Presentación - Vicepresidente

Benestar Galiza

¿QUÉ E BENESTARGALIZA.ORG?


www.benestargaliza.org

www.benestargaliza.org nace como canal de participación durante o proceso de elaboración dunha nova lei de servizos sociais. A partir dun Documento de Bases, que posibilite unha clara comprensión dos obxectivos e actuacións propostas para o desenvolvemento dun novo sistema de servizos sociais, queremos que se estableza un proceso de reflexión conxunto coa sociedade galega.

A participación dos axentes económicos e sociais configúrase como o instrumento axeitado para o necesario proceso de enriquecemento técnico, un proceso de abaixo-arriba que permita opinar a aquelas persoas e institucións que están máis preto dos problemas e polo tanto, aqueles e aquelas que deben participar na procura de solucións eficientes e axeitadas as diferentes necesidades e situacións específicas. A participación social no desenvolvemento normativo é así mesmo un mecanismo básico dos novos sistemas de xestión públicos baseados na Gobernanza.

O través da presente web, todas as persoas e entidades que o desexen poderán participar neste proceso de elaboración da lei, formulando as súas consideracións as diferentes bases nas que se articula o Documento, ou formular calquera aclaración ou consideración que considere de interese para o desenvolvemento dos Servizos Sociais en Galiza.

Información sobre a nova lei de autonomía persoal.Quero recibir información
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral do Benestar. www.benestargaliza.org
Aviso Legal | Accesibilidade Web | Datos Contacto |Webmaster