PRESENTACIÓN DO DOCUMENTO DE BASES
Para facilitar a consulta e comprensión dos contidos, o Documento de bases articúlase en 15 bases e unha introdución sobre os eixos e principios reitores seguidos na elaboración do mesmo.
Os principais obxectivos de reforma dos servizos socias, que se contemplan no documento de Bases e que supoñen un cambio fronte a Lei 4/1993, de 14 de abril, reguladora dos servizos sociais
- Acoutar o sistema de servizos sociais, cunha nova configuración, mediante un novo rediseño do sistema.
- O dereito de acceso derívase de situacións obxectivas, tecnicamente valoradas, configurándose o acceso coma un dereito subxectivo.
- Crear a figura do persoal de referencia en materia de SS.
-
Crear un novo Instituto Galego de Servizos Sociais (IGASS) que será o referente na xestión de servizos e prestacións.
- Os recursos de titularidade pública non serán subsidiarios do sistema privado.
- Integrar nun único sistema os diferentes subsistemas que se foron creando nos últimos anos: inclusión social e atención a dependencia.
- Crear unha verdadeira política transversal no marco de benestar social.
- Superar calquera tendencia de facer deixación de responsabilidades na prestacións dos servizos sociais á cidadanía.
- Facilitar e estimular a participación de toda a sociedade galega na xestión dos servizos sociais (un exemplo é o propio proceso de construción da lei)
- Garantir a sostenibilidade do sistema establecendo o financiamento suficiente, co obxectivo xeral de destinar o 7% do gasto público, o dobre que na actualidade.
- Crear un Catálogo de Servizos Sociais de Galiza
- Garantir a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia
- Fomentar a investigación e a innovación nos servizos sociais e a existencia dunha formación continua e adecuada a profesionais que traballen no sistema, en colaboración coas universidades galegas e centros de investigación e formación.
- Establecer un sistema eficaz para garantir a calidade na prestación dos servizos e na atención ás persoas.
DESCARGAR:
Texto Completo: Pdf (7.78 Mb)
Texto Completo sin fotos: Pdf (1.62 Mb)