As fases propostas para a elaboración do anteproxecto de lei son as seguintes:
Proceso de participación por grupos ou áreas de opinión. A través de sesións presenciais, presentarase o documento de bases por todo o territorio galego :
Mesas Territoriais: Unha sesión en cada unha das sete grandes cidades, e sesións en diferentes cabeceiras de comarca rurais para facilitar o debate de xeito homoxéneo por toda Galiza.
Mesas de participación social: Sesións de presentación a axentes sociais, entidades do terceiro sector e movemento voluntario, persoas usuarias ou asociacións que representen os seus intereses e coas empresas e entidades mercantís do sector de servizos sociais
Mesas Técnicas: dirixidas a traballadores/as sociais, colexios profesionais e Universidade
Mesa transversal: Esta mesa rematará a rolda de participación e nela estará representada unha mostra das diferentes mesas descritas anteriormente para garantir a necesaria transversalidade e posta en común. Ao realizarse ao final facilitará así mesmo un primeiro exame das aportacións.
A análise das aportacións realizadas e a elaboración do anteproxecto de lei será a fase final do proceso de elaboración da nova lei de servizos sociais, polo que a elaboración dun novo marco legal debe de estar rematado antes de que finalice o presente ano, asumindo o compromiso de presentar o anteproxecto de lei no primeiro trimestre do 2007.