BASE 7:
O Novo Modelo Competencial
- A Xunta de Galiza supervisará e avaliará a calidade na prestación dos servizos sociais establecendo mecanismos de control obxectivo e continuo dos mesmos.
- Aprobará o sistema de admisións en centros prestadores de servizos sociais financiados total ou parcialmente con fondos públicos, así como os seus regulamentos de réxime interno.
- Maior concrección na xestión dos servizos sociais pola Xunta de Galiza, que abarcará:
- A xestión dos servizos sociais dos que sexa titular a Administración Autonómica.
- Xestión daqueles servizos sociais que polas súas características ou ámbito territorial non sexan xestionados polas corporacións locais.
- Xestión de prestacións económicas individuais de carácter periódico.
- Impulso as relacións con entidades, organizacións e iniciativas foráneas que desenvolvan actuacións de servizos sociais de interese para Galiza.
- n Polo que se refire as Deputacións Provinciais, e de conformidade co previsto na normativa de réxime local, proporcionarán apoio económico, técnico e xurídico aos concellos na execución das súas competencias en servizos sociais, especialmente a aqueles con menos de vinte mil habitantes.
DESCARGAS:
Texto base 7: Pdf (216 Kb)
Audio base 7: Mp3 (9.52 Mb)
Audio base 7: Mp3 (1.78 Mb)