BASE 15:
A Calidade do Sistema
- Definiranse normas e estándares de calidade propios do sistema galego, establecendo os niveis de calidade mínimos das diferentes partes do sistema: prestacións técnicas e materiais, económicas e plans e programas especiais.
-
Crearanse novos sistemas de información homoxéneos, en colaboración coas diferentes axentes participantes no sistema (administracións competentes, iniciativa privada, ONG´s, ....) que permitan o rexistro e a explotación de datos de atención as persoas usuarias. Prestarase unha especial atención ao uso das novas tecnoloxías da información e comunicación.
- Realizarase un seguimento e avaliación permanente, orientando o sistema de calidade á mellora continuada do mesmo.
- O Plan estratéxico de servizos sociais deberá de contemplar, un Plan de Calidade do sistema.
- Dentro do sistema de calidade, prestarase unha especial atención ao sistema dexestión dos centros e equipamentos de servizos sociais onde se realiza unha prestación material continuada a usuarios dos servizos sociais, singularmente centros residenciais e de atención diúrna.
DESCARGAS:
Texto base 15: Pdf (211 Kb)
Audio base 15: Mp3 (2.06 Mb)
Audio base 15: Mp3 (389 Kb)