BASE 14:
Garantía Pública do Sistema
- As entidades prestadoras de servizos sociais que sexan titulares de centros, así como as que presten servizos, programas ou colaboren na xestión de calquera das prestacións do sistema integrado de servizos sociais deberán obter as correspondentes autorizacións administrativas e estar inscritas no Rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais.
-
As autorizacións operativas ou de funcionamento estarán suxeitas ó cumprimento permanente das condicións ou requisitos esixidos para a súa obtención.
- Tamén se establecerá un novo catálogo de infraccións en materia de servizos sociais e das correspondentes sancións
DESCARGAS:
Texto base 14: Pdf (200 Kb)
Audio base 14: Mp3 (2.30 Mb)
Audio base 14: Mp3 (433 Kb)