BASE 12:
A participación da iniciativa privada e social na xestión dos servizos sociais
- Impulsarase o establecemento de cláusulas sociais nos pregos de condicións administrativas das licitacións que convoquen as Administracións Públicas de Galiza.
- Poderánse subscribir convenios singulares con entidades de iniciativa social debidamente acreditadas para a prestación de servizos sociais cando por razóns humanitarias ou de emerxencia social, ou ben cando, pola singularidade das características da entidade, a especificidade dos servizos que presta, ou a especial vulnerabilidade das persoas usuarias, non sexa posible ou conveniente promover a concorrencia pública.
- Estes convenios poderán ter carácter plurianual en aras a garantir un marco estable que favoreza e facilite a mellor prestación dos servizos.
- A inspección de servizos sociais exercerá o control sobre as entidades subvencionadas e asegurará, no caso da existencia de convenio, a permanencia das características e singularidades que xustificaron a súa sinatura.
DESCARGAS:
Texto base 12: Pdf (216 Kb)
Audio base 12: Mp3 (3.46 Mb)
Audio base 12: Mp3 (642 Kb)