BASE 1:
Consideracións para unha exposición de motivos
Con respecto á situación normativa actual, por un lado, adoece de ser moi ambigua e dispersa en canto á atribución de responsabilidades nos distintos niveis da Administración e, por outro, a dotación de recursos públicos resulta moi insuficiente e insegura, véndose superados os contidos da Lei 4/1993 que, ademais, non foi do adecuado desenvolvemento normativo.
Por outra banda, os importantes cambios que se produciron nos últimos anos na orde económica e social e no contexto cultural e demográfico supoñen a aparición de novos problemas que preocupan á cidadanía de hoxe e a ampliación do radio de acción que deben cubrir as políticas públicas de benestar social.
NECESARIO ACTUALIZAR A NORMA BÁSICA QUE REGULA OS SERVIZOS SOCIAIS:
Neste proceso de cambio global resulta necesario actualizar a norma básica que regula os servizos sociais en Galiza dando unha resposta apropiada e acorde ao contexto de Galiza, ás novas necesidades sociais mostrando un compromiso público de intervir decididamente na creación de benestar social. Este proceso de reforma lexislativa enlaza necesariamente co proxecto de modificación estatutaria que se desenvolve actualmente.
Estes referentes serven para reflectir como o dinamismo social está obrigando a unha posta ao día dos instrumentos legais ao servizo do benestar social. Neste contexto, na Galiza resulta conveniente unha revisión, non só para actualizar contidos xa superados senón co gallo de introducir novos mecanismos de intervención, novas estratexias de actuación e novidosos deseños de organización. E resulta igualmente oportuna esta posta ao día non só por razóns de orde técnica, xurídica ou organizativa (que por si mesmas xustificarían a reforma) senón tamén por outras consideracións de orde social a fin de testemuñar ante a sociedade galega a vixencia e puxanza dun compromiso a renovar na consolidación dos dereitos sociais, profundización da cohesión e benestar social.
DESCARGAS:
Texto base 1: Pdf (205 Kb)
Audio base 1: Mp3 (6.30 Mb)
Audio base 1: Mp3 (1.18 Mb)