29/04/2008: Programa GALIZA NATURAL.
O Programa GALIZA NATURAL implantouse no 2007, froito da colaboración entre a Consellería de Industria e Innovación e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, para levar a cabo programas de envellecemento activo e saudable dirixidos a persoas maiores e promover a máxima utilización e optimización dos recursos turísticos Posibilita o coñecemento da realidade actual e do patrimonio histórico-cultural do noso país mediante a estancia, de 5 días con 4 pernoctacións, en establecementos de turismo rural da Comunidade Autónoma Galega. |
23/04/2008: Presentación do teléfono gratuíto da infancia: 900 333 666.
| O teléfono 900 333 666 da infancia é un servizo para todos os nenos e nenas de Galicia que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, sexa descoñecido, veciño, familiar ou amigo. A liña de custe gratutíto funciona durante todo o ano, as 24 horas do día. Descarga o folleto (PDF: 259 Kb) ou o cartel (PDF: 852 Kb). Non teñas medo. Chama. Non tapes os ollos. Chama. |