10 de Outubro de 2006
Vicepresidencia reunirase a próxima semana coas entidades que agrupan a persoas con discapacidade de toda Galiza.
As xuntanzas celebraranse o mércores e o xoves co obxectivo de informarlles sobre as resolucións das ordes de investimento, mantemento e actividade, así como para o seguimento dos convenios de mantemento do ano 2006.
8 de Outubro de 2006
Técnicos da Vicepresidencia participarán en Santiago nun curso sobre valoración da idoneidade na adopción.
O módulo formativo que comeza mañá ten como obxectivo unificar os criterios técnicos para valorar ás persoas que queren adoptar. 6 de Outubro de 2006
Quintana anuncia a construcción dunha residencia para maiores en Avellaneda e un Cim en Bos Aires.
Anxo Quintana reuniuse en Bos Aires co Xefe de Goberno Arxentino, o Ministro de Educación e responsables do Ministerio de Desenvolvemento Social.
4 de Outubro de 2006
Vicepresidencia presentou na Coruña as liñas de acción para acadar unha maior autonomía das persoas.
Estas actuacións recóllense no Plan Integral de mellora de Centros, na Rede Galega de Centros de Día e no programa Galiza sen Barreiras.
3 de Outubro de 2006
Vicepresidencia destina 320.000 euros á atención integral das persoas afectadas por dano cerebral.
Desta actuación beneficiaranse 224 persoas con dano cerebral e 784 coidadores informais.
2 de Outubro de 2006
O I Foro de Relacións Interxeracionais reúne en Santiago a máis de 400 maiores de toda Galiza.
A Xornada sirve para poñer en común experiencias de participación activa e solidaria de persoas maiores co resto de xeracións.
mais novas na web |