Acceso á Secretaría Xeral do Benestar
Texto do Anteproxecto de Lei
Inicio
Contacto
Mapa Web

ACTUALIDADE:

* NOVAS:

29/04/2008:
NOVO PROGRAMA GALIZA NATURAL PARA OS/AS MAIORES.

23/04/2008:
PRESENTACIÓN DO TELÉFONO DA INFANCIA: 900 333 666. Teléfono gratuito durante as 24 horas todos os días do ano. Descarga o Folleto ou cartel.

01/04/2008:
ORDES PUBLICADAS:

Orde que regula as instalacións xuvenís dependentes.

Orde que regula a oferta de prazas xuvenís do programa Campaña Verán-2008.

Orde que regula a concesión de subvencións destinadas á prestación de servizos sociais polas corporacións locais.

* AXENDA:

Do 18 de xaneiro. (Santiago de Compostela). IV Xornada sobre Xerontoloxía e Educación Social.

O TEXTO DO BORRADOR DO ANTEPROXECTO DA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS DE GALIZA INICIA O TRÁMITE LEXISLATIVO

Despois do proceso de consulta e debate que abriu a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, no mes de xullo con motivo da elaboración da Nova Lei de Servizos Sociais de Galiza, xa está dispoñible o texto do borrador do anteproxecto da lei que iniciará o trámite lexislativo.

Durante o proceso de debate da lei, que estimulou e serviu de reflexión e consulta á sociedade galega, recolléronse as aportacións e recomendacións ao Documento de Bases, co obxectivo de enriquecer e reflexar as necesidades da sociedade na nova lei de servizos sociais.

Deste modo, unha vez recopiladas e analizadas todas as aportacións dos diferentes colectivos, asociacións e entidades, empresas, administracións e persoas físicas, aos que a Vicepresidencia agradece a súa participación, plasmáronse no presente texto do Anteproxecto da Lei de Servizos Sociais, tratando de asumir o maior número delas e buscando o consenso entre aquelas solucións diverxentes, co obxecto de conseguir una lei que configure un novo sistema galego de servizos sociais.

DESCARGAS DO BORRADOR E OUTRA DOCUMENTACIÓN DE APOIO

Texto do Anteproxecto da Lei de Servizos Sociais de Galiza. (Texto e audio)
(prema sobre as imaxes para elixir a descarga ou consulte a sección Documento de Bases)
Descargas textoDescargas audio
info@benestargaliza.org
Secretaría Xeral do Benestar
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15704 Santiago de Compostela

Información sobre a nova lei de autonomía persoal. Quero recibir información
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Secretaría Xeral do Benestar. www.benestargaliza.org
Aviso Legal | Accesibilidade Web | Datos Contacto |Webmaster